Organízase a V edición do ciberencontro Mugardosparty Kernel
Publicada o 4 de Setembro de 2008 en Mocidade, Cultura
Por quinto ano consecutivo, a Comunidade Linux “O Zulo” de Mugardos, a Concellaría de Mocidade e co patrocinio das empresas Telefónica, Calsomatu S.L, MYC e Centros Formación Academia Postal, están a organizar o Ciberencontro “Mugardosparty Kernel 2008”, que terá lugar os días 19, 20 e 21 de setembro na Casa da Cultura do Concello de Mugardos. Damos as grazas ao esforzo organizativo da Comunidade Linux “O Zulo” que está ultimando o programa que podedes consultar, proximamente, na páxina web www.mugardosping.org.
Para máis información e inscricións, cómpre dirixirse á páxina web www.mugardosping.org ou á Omix do Concello de Mugardos en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ou ben:
- Teléfono: 981 470 338 ext. 3, de 9 a 14 h;
- Fax: 981472202
- Enderezo electrónico: omix@mugardos.dicoruna.es
Charlas técnicas, documentais, actividades, lanzamento de hardware, conferencias, lacoada, xogos e unha morea de sorpresas inundarán un entorno de software libre. E este ano como novidade un Ciclo de Cine.
