Publicada o Xoves 16 de Outubro de 2008 en Emprego
A Concellaría de Promoción Económica, Formación, Emprego e Turismo organiza un “Seminario para a difusión de creación de empresas” en colaboración co IGAPE e BIC GALICIA o vindeiro 24 de outubro ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
Os seminarios para a difusión da creación de empresas son unha acción de sensibilización e difusión encadrada no marco do apoio á innovación que fai o IGAPE a través do seu Programa de Emprendedores e que son desenvolvidos por BIC GALICIA.
Os obxectivos dos mesmos son difundir como se xeran as ideas empresariais, romper mitos sobre as persoas que crean empresas e amosar a través de vivencias persoais de emprendedores que calquera persoa pode desenvolver un proxecto empresarial.
Este seminario está dirixido principalmente á xente nova, estudantes, traballadores en activo, desempregados/as, e en xeral, a todas aquelas persoas con inquietudes empresariais.
Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello.