Concello de Mugardos

Actualidade /

Renóvase o firme da calzada na rúa do Cristo

Publicada o 20 de Setembro de 2006 en Obras

A Concellaría de Obras comunica que acaban de rematar os traballos de asfaltado en quente da rúa do Cristo, consistentes na instalación dunha nova capa de firme de tres centímetros ao longo da devandita vía, no tramo comprendido entre Os Corzás e As Mareas. A actuación ten un orzamento de 21.306,33 €, e verase complementada proximamente coa instalación de bandas rugosas para limitar a velocidade dos vehículos.

Na programación da Concellaría de Obras para este ano 2006 figura outro asfaltado similar na rúa Contramestre Casado. Recentemente renovouse tamén o firme das rúas da Teupoeira, en San Xoán de Piñeiro, e As Barcias, no Seixo.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS