Publicada o Mércores 27 de Setembro de 2006 en Muller, Asuntos Sociais
A Concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Sanidade comunica que o día 26 de setembro o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, asinou na Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza o convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e os concellos da comarca de Ferrol (Ares, Ferrol, Fene, Mugardos, Narón e Neda) para a prestación do servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade.
Coa sinatura deste convenio, o SGI colaborará co Concello de Mugardos co fin de:
O Servizo Galego da Igualdade pon en funcionamento un Punto de Información Periódica no que se ofrecerá información básica á mulleres de Mugardos, co fin de que poidan acceder aos recursos dispoñíbeis dun xeito máis rápido e eficaz, para o que é fundamental fornecer información directa e áxil e que evite os inconvenientes dos desprazamentos a outras localidades, agás a asistencia especializada. Este servizo prestarase como mínimo un día á semana, dúas horas, complementando así a atención á muller prestada desde os Servizos Sociais do Concello.