Concello de Mugardos

Actualidade /

O delegado de Vivenda inspecciona os terreos das futuras vivendas sociais

Publicada o 13 de Xullo de 2006 en Asuntos Sociais

O delegado provincial da Consellaría de Vivenda e Solo, Xoán Bascuas, acudiu a Mugardos martes 23 de maio para inspeccionar in situ, en compañía de membros do goberno municipal, os terreos nos que se construirán as vivendas sociais.

A parcela en cuestión sitúase na zona das Casas Baratas, na confluencia das rúas Eduardo Pondal e Fene, e está ocupada actualmente polo cuartel da Garda Civil, que se aloxará noutro local de titularidade pública polo tempo que duren as obras.

Segundo manifestou o delegado Xoán Bascuas, a Consellaría que dirixe a nacionalista Teresa Táboas prevé que con esta actuación pública, que responde a unha antiga demanda da cidadanía de Mugardos, se poidan construír arredor de 20 vivendas, ás que terían un acceso preferente solicitantes con ingresos reducidos ou pertencentes a colectivos desfavorecidos, e que se pretende que sexan tamén un referente canto a calidade arquitectónica. É intención tanto do delegado como do goberno municipal que os traballos poidan comezar en breve.

Así mesmo, o delegado interesouse polas deficiencias que arrastran desde hai moitos anos as vivendas sociais da rúa Contramestre Casado, comprometéndose a elaborar un estudo para as reparar o antes posíbel.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS