Publicada o Xoves 13 de Xullo de 2006 en Muller
25, 26 e 27 de maio de 2006, Salón de Plenos do Concello
Organiza: Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Sanidade
XOVES 25 DE MAIO
- 16h: a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta inaugurará xunto co Alcalde
- 16:30h: relatorio sobre corresponsabilidade a cargo da profesora universitaria de Ciencias da Educación Rita Radl
- 18:30h: mesa redonda sobre traballo, saúde e xénero con representación da CIG, CCOO e UXT
VENRES 26 DE MAIO
- 10:30h: obradoiro sobre o traballo con mulleres
- 16:30 h: Saúde e xénero a cargo de Mar Martín, do Plan de Saúde Integral para Mulleres da Xunta
- 18h: mesa redonda sobre os servizos de saúde para mulleres (a cargo dun xinecólogo dun COF, a psicóloga da Asociación Española contra o Cancro e unha médica experta en xénero)
SÁBADO 27 DE MAIO
- 10:30h: obradoiro sobre a maternidade a cargo da escritora e profesora universitaria Teresa Moure
- 13h: documental sobre as dores do parto
- 16:30h: obradoiro sobre a imaxe corporal
- 20h: clausura a cargo da directora do SGI da Xunta e traslado ao Seixo para desfrutar da obra de teatro Molestias Clownicas, da compañía de Euskadi Oihulari Clown