Concello de Mugardos

Actualidade /

O Concello repartirá cinseiros portátiles para evitar lixar a rúa

Publicada o 8 de Outubro de 2006 en Medio Ambiente

A Concellaría de Medio Ambiente vai repartir nos vindeiros días mil pequenos cinseiros portátiles de plástico, ademais de instalar cinseiros de parede nos exteriores de varios edificios municipais, co obxectivo de mellorar a limpeza da nosa vila.

A maioría das cabichas dos cigarros están feitas de acetato de celulosa, un material que se descompón moi lentamente, e están deseñadas para acumular os químicos tóxicos do tabaco. Polo tanto, cando as cabichas chegan até a auga liberan estas sustancias químicas.

Esperamos a colaboración de todos os fumadores para un correcto uso dos cinseiros, facilitando o traballo dos servizos de limpeza viaria e o mantemento de zonas verdes. Para o seu reparto agardamos contar coa colaboración das asociacións e, moi especialmente, dos estabelecementos de venda de tabaco.

Os cinseiros portátiles son de cor azul ou vermella e levan a inscrición “Axúdanos a manter limpo Mugardos, deposita aquí as cabichas”.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS