Concello de Mugardos

Actualidade /

Apróbase o saneamento do Camiño do Francés-Rilo

Publicada o 8 de Outubro de 2006 en Obras

A Concellaría de Obras comunica que no Pleno celebrado o pasado 6 de outubro aprobouse unha modificación de crédito para habilitar unha partida orzamentaria de 42.128,95 €, con cargo ao remanente de tesouraría do ano 2006, destinada a ampliar a rede de saneamento de augas fecais ao tramo de Rilo do Camiño do Francés.

Esta actuación, que ten un prazo de execución de tres meses unha vez licitada a obra, prevé a construción de 495 metros de encanamento de PVC e 14 pozos de rexistro, así como acometidas para nove vivendas.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS