Concello de Mugardos

Actualidade /

Plantaranse árbores nas avenidas da Areosa e Bello Piñeiro

Publicada o 10 de Outubro de 2006 en Medio Ambiente

A Concellaría de Medio Ambiente comunica que vai levar a cabo o acondicionamento ambiental das avenidas da Areosa, en Mugardos, e Bello Piñeiro, no Seixo.

Deste xeito plantaranse, nas beiravías de ambas as dúas rúas, sen invadir en ningún momento a calzada, carballos vermellos (quercus rubra) e bidueiros (betula alba) protexidos polos seus correspondentes alcorques. A Areosa contará con 59 exemplares, e Bello Piñeiro con 82. Estas árbores, que serán plantadas cunha altura de dous metros e chegarán a acadar catro, contribuirán a mitigar os efectos do tráfico rodado, eliminando os axentes contaminadores gaseosos dos coches e absorbéndoos a través dos poros na superficie das follas.

O orzamento total da intervención ascende a 26.702,52 €.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS