Concello de Mugardos

Actualidade

Incremento substancial do número de participantes nas escolas culturais e deportivas

Publicada o Venres 20 de Outubro de 2006 en Deportes, Cultura

A Concellaría de Cultura, Deportes e Turismo comunica que neste curso 2006/2007 matriculáronse nas escolas deportivas e culturais un total de 365 persoas, representando un 6,5% da poboación mugardesa e un 65% de incremento con respecto ao curso pasado. Neste curso procuráronse como obxectivos:

  • incrementar a participación.
  • aumentar e axeitar a oferta cultural e deportiva.
  • descentralizar as actividades, achegando escolas municipais ás parroquias.
  • cumprir os obxectivos do Plano de Igualdade de Oportunidades do Concello.

Desde o ano 2003 as escolas deportivas municipais pasaron de 77 participantes a 255 neste curso 2006/07. O número de actividades medrou de 4 a 13.
O obxectivo do número de matrículas para o ano 2006, que era de 250 persoas, cumpriuse xa que logo amplamente.

Nos últimos anos aumentouse nun 325% a participación nas actividades deportivas, sendo moi significativa a das mulleres, que representan máis do 75% das matrículas.

As actividades descentralizadas foron tai-chi e pintura, no Seixo, e ioga, en San Xoán de Piñeiro. Estas actividades contan con 64 participantes.

O concelleiro de Cultura, Evaristo Deus, manifestou a súa satisfacción por este notábel incremento, e subliñou a súa vontade de seguir a ampliar a oferta cultural e deportiva existente en Mugardos.

A oferta para este curso foi:

Actividades e escolas Idade Lugar
Xogos pre-deportivos 4-6 Parroquia, barrio ou colexio onde se xunten 7 rapaces. A solicitude deberá ser colectiva.
Atletismo 7-16 Pavillón do Cristo
Ximnasia rítmica 5-16 Pavillón do Cristo e As Lagoas
Patinaxe 5-16 Pavillón do Cristo
Tenis 7 Pavillón do Cristo
Tiro con arco 7 Pavillón do Cristo
Xadrez 7-16 Biblioteca
Ximnasia de mantemento I +18 Pavillón do Cristo
Ximnasia de mantemento II +55 Pavillón do Cristo
Tai-chi +18 O Seixo e As Lagoas
Ioga +18 As Lagoas e SCDR San Xoán de Piñeiro
Natación escolar 4-12 Piscina de Pontedeume con transporte
Baile moderno 6-16 As Lagoas
Música (canto, linguaxe musical e música e movemento) +4 As Lagoas
Informática +4 Casa da Cultura
Pintura +6 Casa da Cultura e O Seixo

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS