Concello de Mugardos

Actualidade

Exposición de Enrique Lista en proximART 2006

Publicada o Luns 30 de Outubro de 2006 en Cultura

Continúa o programa cultural proximART 2006, que presenta mensualmente unha manifestación das artes plásticas da nosa proximidade. Na sala de exposicións do baixo do Concello inaugúrase este xoves día 2 de novembro a exposición de fotografía de ENRIQUE LISTA, licenciado en Belas Artes, que vén encamiñando o traballo plástico ao redor do ámbito da fotografía. Presenta imaxes agnósticas lonxe do realismo fotográfico.

O horario de visitas é:

  • Mañás: de 12:00 a 14:00 horas, os días 2, 3, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 de novembro.
  • Tardes: de 18:00 a 20:00 horas os días venres 3 e sábado 4 de novembro.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS