Publicada o Martes 31 de Outubro de 2006 en Deportes
A Concellaría de Deportes informa que até o martes día 7 de novembro permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no programa “UN DÍA NO MAR SALGADO”, patrocinado pola Deputación da Coruña, e que ten como obxectivo achegar o mundo mariño e a navegación aos máis novos. As inscricións poden formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, no baixo do Concello.