Concello de Mugardos

Actualidade /

O Concello organiza no IES obradoiros contra a violencia sexista

Publicada o 6 de Novembro de 2006 en Muller, Asuntos Sociais

A Concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Sanidade comunica que o día 7 de novembro comeza o programa “PREMUVI: Un tentáculo para previr a violencia”, por sexto ano consecutivo, no Instituto de Educación Secundaria de Mugardos. Os obradoiros, que se desenvolverán todos os martes durante o mes de novembro e os martes 12 e 19 de decembro, son os seguintes:

  • Resolución de conflitos en 1º da ESO.
  • Prevención da violencia en 2º da ESO.
  • Educación afectivo-sexual en 3º da ESO.
  • Prevención das drogodependencias en 4º da ESO.

O programa terá unha duración de 6 sesións de 2 horas cada unha, un total de 12 horas por cada curso, e afecta a 115 rapaces e rapazas.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS