Concello de Mugardos

Actualidade /

Máis de 4.000 persoas visitaron Mugardos este verán

Publicada o 8 de Novembro de 2006 en Turismo

A Concellaría de Turismo, unha vez rematada a época estival, comunica que o balance de visitantes rexistrados na Oficina de Información Turística do Concello de Mugardos entre os meses de xuño e setembro de 2006 ascende a 4.000 persoas.

A maioría dos visitantes que pasaron pola OIT pedindo información proceden de Galiza, seguidos de residentes nas comunidades de Madrid, Castela-León e Euskadi, nesta orde. Adoita ser xente nova que viaxa en parella.

O tipo de información solicitado é basicamente sobre a zona, puntos de interese turístico, transporte marítimo, e sobre o afamado “polbo á mugardesa”. Hai que sinalar igualmente a cantidade de información demandada non só da comarca de Ferrolterra, senón tamén doutras zonas de Galiza, principalmente da Costa da Morte.

Con motivo da Semana Santa, a Oficina de Información e Turismo abrirá desde o día 9 até o 16 de abril. O horario da mesma será de 11:30 a 14:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas, agás luns, que permanecerá pechada. A oficina sitúase na Casa do Reloxo, no peirao, por ser o punto de maior afluencia de visitantes.

A función da OIT é a de promocionar e informar sobre todos os atractivos turísticos que ofrece Mugardos, como son a súa gastronomía, festas, actos socio-culturais, paisaxes, organización de xornadas, etc. Fornécese así mesmo información doutras vilas de interese da comarca e do resto de Galiza.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS