Concello de Mugardos

Actualidade

Impartirase un curso de folla de cálculo en Francisco Vizoso

Publicada o Xoves 9 de Novembro de 2006 en Emprego

A Concellaría de Emprego comunica que, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, vai levar a cabo unha serie de cursos de formación no último trimestre do ano, abertos a calquera persoa empadroada no Concello de Mugardos (desempregados ou activos).

O curso de “FOLLA DE CÁLCULO. NIVEL MEDIO” comezará a partir de finais de novembro, abríndose o prazo de inscrición este día 9 até o 23 de novembro.

Poderanse inscribir no mesmo aquelas persoas empadroadas no Concello de Mugardos que xa teñan un coñecemento básico de informática. As inscricións realizaranse na Axencia de Desenvolvemento Local (teléfono: 981 470 338 extensión 8).

Estes cursos realizaranse en horario de tarde no Centro de Formación Francisco Vizoso de Franza.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS