Concello de Mugardos

Actualidade

Mugardos conta xa cun Punto de Información ás Mulleres

Publicada o Venres 10 de Novembro de 2006 en Muller

A Concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Sanidade comunica que tras a sinatura, o pasado 26 de setembro, do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Xunta de Galiza e o Concello de Mugardos para a prestación do servizo de información ás mulleres e promoción da igualdade, hoxe en día este é unha realidade.

Coa sinatura deste convenio, o SGI colaborará co Concello de Mugardos co fin de:

  • Proporcionar asesoramento xurídico e psicolóxico.
  • Proporcionar información sobre recursos específicos para mulleres.
  • Colaborar na asistencia integral ás vítimas da violencia de xénero.
  • Aplicar o programa nacional de intervención comunitaria na área de igualdade da Secretaría Xeral da Igualdade.
  • Desenvolver calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

O Servizo Galego da Igualdade pon en funcionamento un Punto de Información Periódica no que se ofrecerá información básica á mulleres de Mugardos, co fin de que poidan acceder aos recursos dispoñíbeis dun xeito máis rápido e eficaz, para o que é fundamental fornecer información directa e áxil e que evite os inconvenientes dos desprazamentos a outras localidades, agás a asistencia especializada.

Este servizo prestarase os venres en horario de 12 a 14 horas, no segundo andar do Concello, complementando así a atención á muller prestada desde os Servizos Sociais municipais.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS