Publicada o Venres 10 de Novembro de 2006 en Muller
O 25 de novembro de 1981, foi declarado, por parte do movemento feminista, o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres. Tiveron que pasar oito anos até que, en 1999, as Nacións Unidas aprobaran oficialmente a proposta. Na actualidade, o rexeitamento cara as diferentes manifestacións de violencia machista, que noutra hora foran lexitimadas, non deixa de medrar. Cada vez somos máis as institucións e as persoas dispostas a poñer os medios necesarios para rematar coa desigualdade e a misoxinia que, no que vai de ano, ten rematado coa vida de tres mulleres galegas e de 81 no Estado español.
Como expresión do noso compromiso a prol da igualdade entre homes e mulleres, o Concello de Mugardos convídavos a participar nas seguintes actividades: