Concello de Mugardos

Actualidade /

Este venres 15 haberá unha charla de promoción do pequeno comercio

Publicada o 13 de Decembro de 2006 en Emprego

O Concello de Mugardos ten en marcha a campaña de promoción do pequeno comercio “Merca Mugardos”. O incentivo promocional consiste na realización de 4 sorteos cunha periodicidade trimestral, en cada un dos cales sortearase un premio en efectivo de 200 € nos tres primeiros trimestres, sendo o premio do cuarto trimestre de 400 €. Ademais dos premios para a campaña deseñouse unha imaxe identificativa para os comercios participantes.

Por este motivo, e para rematar a campaña, realizarase unha charla-conferencia sobre “Promoción do pequeno comercio” coa finalidade de difundir a idea do asociacionismo entre os comerciantes do Concello. E para iso, nada mellor que contar coa experiencia das diversas asociacións comerciais, Centro Comercial Aberto de Ferrol–A Magdalena e a Asociación de Empresarios das Pontes, que son as que poden dar unha visión realista da súa experiencia.

Nesta charla trataranse aspectos como:

  • Creación dunha asociación de pequenos comerciantes: pasos que hai que dar, funcionamento dunha asociación, beneficios do asociacionismo.
  • Iniciativas para a mellora do pequeno comercio: como competir coas grandes superficies?

A data da conferencia será o venres 15 de decembro a partir das 20:00, no Salón de Plenos do Concello.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS