Concello de Mugardos

Actualidade /

O Concello adquire unha varredora para limpeza viaria

Publicada o 19 de Decembro de 2006 en Medio Ambiente

A Concellaría de Medio Ambiente comunica que a Xunta de Goberno Local acordou este martes 19 de decembro, unha vez rematado o proceso de licitación, adxudicar á empresa Veicar, SL a subministración dunha máquina varredora para limpeza viaria, por un importe de 43.500 €, dos cales 27.992,89 corresponden a unha subvención da área de Promoción Económica da Deputación da Coruña.

Este vehículo está provisto de accionamento hidráulico, sinalización luminosa, un recipiente de recollida dos residuos, dous cepillos frontais con dispositivo de pulverización de auga e unha turbina picadora, e permitirá mellorar de forma substancial a limpeza das nosas rúas.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS