Concello de Mugardos

Actualidade

O día 22 ofrecerase unha charla sobre prevención de incendios forestais

Publicada o Mércores 20 de Decembro de 2006 en Medio Ambiente

Este venres 22 de decembro, ás 19:00 no Centro Cívico, persoal da Consellaría do Medio Rural ofrecerá unha charla no marco da campaña informativa que está a levar a cabo a administración autonómica sobre a prevención de incendios forestais.

O tema central do acto será explicar o novo Decreto 105/2006 do 22 de xuño de 2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención dos lumes, a protección dos asentamentos no medio rural e a regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, afondando en aspectos como as comunicacións e autorizacións de queimas, presentación da solicitude, requisitos, prazos e medidas, faixas de especial protección, obrigas dos propietarios, regulación das repoboacións forestais, distancias mínimas de plantación ou prohibicións de carácter xeral.

O pasado verán Mugardos viuse afectado por un importante lume na zona de Montefaro, que prendeu en territorio de Ares.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS