Artigos

Consulta os nosos artigos, opinións e historias, e discute sobre elas co seu autor/a.

Redacción

Rexístrate agora como redactor/a. Poderás publicar artigos e responder persoalmente a os seus comentarios.

Rexistro como redactor

Programa 25N

O noso programa de actividades está dispoñible para a súa consulta. Descárgao.

Descargar programa

Últimas discusións

Últimos artigos publicados

XI Xornadas de Igualdade de Oportunidades

Discusión sen comentarios ata o de agora

XI Xornadas de Igualdade de Oportunidades do Concello de Mugardos,
Concellaría de benestar social, igualdade e sanidade
Deputación Provincial da Coruña
29 e 30 de maio de 2009,
Casa do Concello de Mugardos
A feminización da pobreza é un feito. A falta de oportunidades de emprego acordes coa formación, outro. O acoso e, cando cabe, a violencia, outro mais. Todo isto para un colectivo cuxo único defecto visible parece ser o non haber tido a previsión de nacer con outro sexo.
(Amelia Valcárcel, “A política das mulleres”, 1997.)
Venres, 29 de maio de 2009
16.00: Entrega documentación
16.30: Inauguración a cargo da Concelleira de Benestar social, igualdade e sanidade do Concello de mugardos, Dona Ángeles Díaz Prados
17.

– seguir lendo –

Escola de Nais e Pais para convivencia e a igualdade 2009

Discusión sen comentarios ata o de agora

Como o pasado ano, a Escola de nais e pais se desenvolverá no mes de abril. As temáticas das actividades parten da demanda das asociaicións de nais e pais e en consenso coas direccións dos centros. Deste xeito, e pendentes da confirmación de horarios e datas por parte das Asociacións de nais e pais preséntase a seguinte programación:

Xoves, 2 de abril: Plan director para a convivencia escolar: Riscos de Internet, impartido por un grupo especializado da Garda Civil.

Xoves, 16 de abril, Familia e prevención, impartido pola Asociación ADAFAD

Xoves, 23 de abril, Obradoiro educación afectivo-sexual para pais e nais, a cargo do Centro Quérote de Ferrol, dependente do Consorcio Galego de Benestar e Igualdade.

– seguir lendo –

Sete pasos para evitar o abuso sexual infantil:

Discusión sen comentarios ata o de agora

• Coñeza os feitos: os pais e as nais somos responsables dos nosos fillos e fillas e somos os que debemos estar en alerta para evitar que poida darse unha situación de abuso. Unha terceira parte das vítimas son abusados/as por membros da súa familia e isto significa que o risco principal provén das persoas máis próximas. As persoas que abusan solen tratar de establecer unha relación de confianza cos pais e nais das vítimas e debemos ter en conta que calquera pode selo.

• Reduza os riscos: o abuso infantil ocorre cando un adulto está a solas co neno ou a nena. Debemos tratar de coñecer á persoa con quen se queda e intentar que poidan ser observados por outras persoas. Internet é unha gran porta de entrada para os abusadores/as, debemos supervisar o uso que poidan facer os nosos fillos e fillas da rede.

– seguir lendo –

“Ninguén pode amar as súas cadeas, aínda que sexan de ouro puro”. John Heywood

Discusión sen comentarios ata o de agora

1. Amarás a túa vida e a dos teus fillos ou/e fillas por encima de todas as cousas.

2. Denunciarás a próxima agresión física ou psíquica que sufras.

3. Non consentirás que el controle a túa vida.

4. Non deixarás que te insulte nin que te faga crer que es inferior a el.

5. Non crerás nin unha vez máis as súas desculpas e promesas de cambio.

6. Convéncete de que si te pega e te humilla, non te quere.

7. Non te sentirás responsable. Si te maltrata, o único culpable é el.

8. Escoitarás os consellos de familiares e amigos que queiran axudar.

9. Buscarás a axuda profesional de psicólogos/as e asistentes sociais.

10. Crerás en ti mesma e no teu valor para refacer a túa vida.

– seguir lendo –