Artigos

XII Xornadas de Igualdade. Educar en Igualdade. 4 e 5 de xuño de 2010

Discusión con 34 comentarios ata o de agora

Venres, 4 de xuño:
16.00 h. Inauguración a cargo do Alcalde de Mugardos, D. Xosé Fernández Barcia.
16.30 – 17.15 h. Relatorio: “Educar para a igualdade é unha tarefa de toda a comunidade”, Dona María Antonia Moreno Llaneza, profesora de Lingua e Literatura Española no IES de Corvera (Asturias).
17.30 Mesa Experiencias:
- O xénero nas Matemáticas, Dona Matilde Ríos Fachal, profesora de matemáticas CPI Cruz do Sar (Bergondo)
- O lugar xénero na Xeografía, Dona Emilia Rodríguez Eiris, profesora de xeografía no IES As Mariñas (Betanzos), e Dona María José Vázquez González, profesora de xeografía no IES Fragas do Eume (Pontedeume).
- O xénero na literatura e Lingua, Dona Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña e escritora.

– seguir lendo –

XI Xornadas de Igualdade de Oportunidades

Discusión con 4 comentarios ata o de agora

XI Xornadas de Igualdade de Oportunidades do Concello de Mugardos,
Concellaría de benestar social, igualdade e sanidade
Deputación Provincial da Coruña
29 e 30 de maio de 2009,
Casa do Concello de Mugardos
A feminización da pobreza é un feito. A falta de oportunidades de emprego acordes coa formación, outro. O acoso e, cando cabe, a violencia, outro mais. Todo isto para un colectivo cuxo único defecto visible parece ser o non haber tido a previsión de nacer con outro sexo.
(Amelia Valcárcel, “A política das mulleres”, 1997.)
Venres, 29 de maio de 2009
16.00: Entrega documentación
16.30: Inauguración a cargo da Concelleira de Benestar social, igualdade e sanidade do Concello de mugardos, Dona Ángeles Díaz Prados
17.

– seguir lendo –

Escola de Nais e Pais para convivencia e a igualdade 2009

Discusión sen comentarios ata o de agora

Como o pasado ano, a Escola de nais e pais se desenvolverá no mes de abril. As temáticas das actividades parten da demanda das asociaicións de nais e pais e en consenso coas direccións dos centros. Deste xeito, e pendentes da confirmación de horarios e datas por parte das Asociacións de nais e pais preséntase a seguinte programación:

Xoves, 2 de abril: Plan director para a convivencia escolar: Riscos de Internet, impartido por un grupo especializado da Garda Civil.

Xoves, 16 de abril, Familia e prevención, impartido pola Asociación ADAFAD

Xoves, 23 de abril, Obradoiro educación afectivo-sexual para pais e nais, a cargo do Centro Quérote de Ferrol, dependente do Consorcio Galego de Benestar e Igualdade.

– seguir lendo –

Sete pasos para evitar o abuso sexual infantil:

Discusión sen comentarios ata o de agora

• Coñeza os feitos: os pais e as nais somos responsables dos nosos fillos e fillas e somos os que debemos estar en alerta para evitar que poida darse unha situación de abuso. Unha terceira parte das vítimas son abusados/as por membros da súa familia e isto significa que o risco principal provén das persoas máis próximas. As persoas que abusan solen tratar de establecer unha relación de confianza cos pais e nais das vítimas e debemos ter en conta que calquera pode selo.

• Reduza os riscos: o abuso infantil ocorre cando un adulto está a solas co neno ou a nena. Debemos tratar de coñecer á persoa con quen se queda e intentar que poidan ser observados por outras persoas. Internet é unha gran porta de entrada para os abusadores/as, debemos supervisar o uso que poidan facer os nosos fillos e fillas da rede.

– seguir lendo –

“Ninguén pode amar as súas cadeas, aínda que sexan de ouro puro”. John Heywood

Discusión sen comentarios ata o de agora

1. Amarás a túa vida e a dos teus fillos ou/e fillas por encima de todas as cousas.

2. Denunciarás a próxima agresión física ou psíquica que sufras.

3. Non consentirás que el controle a túa vida.

4. Non deixarás que te insulte nin que te faga crer que es inferior a el.

5. Non crerás nin unha vez máis as súas desculpas e promesas de cambio.

6. Convéncete de que si te pega e te humilla, non te quere.

7. Non te sentirás responsable. Si te maltrata, o único culpable é el.

8. Escoitarás os consellos de familiares e amigos que queiran axudar.

9. Buscarás a axuda profesional de psicólogos/as e asistentes sociais.

10. Crerás en ti mesma e no teu valor para refacer a túa vida.

– seguir lendo –

Claudia Shiffer e Leonardo DiCaprio

Discusión sen comentarios ata o de agora

—Non hai dereito! — enfurecese mamá—. Ese tipo é un estúpido, un groseiro, un…

Creo que o teriades que mandar á porra.

Marcos e eu saímos correndo a ver con quén se pelexa mamá. ¡Aí vai!, é a nai de Laura, que baixou á casa a tomar café. Papá mira para as dúas, sube as gafas ata a fronte e refrega os ollos.

-¿No, cres que fas unha montaña dun gran de area…? —pregunta, conciliador.
Mamá por pouco o come.

—Ou sexa —sigue gritando—, ¡que cres que non teño razón! Ou sexa que Xacinta ten que tragarse as burradas que lle dixo o masaxista, ¿non? Xacinta, a nai de Laura, os escoita. Por fin, di:

—Muller, tampouco o podo mandar a facer puñetas porque a oferta obrigaba a pagar os dez masaxes por adiantado e, si pelexo, perdo as “perras”.

– seguir lendo –

Marcos e os chulos

Discusión con 17 comentarios ata o de agora

Amósolle a cuberta do meu libro: “Hermanas de verano” de Judy Blume.
—¿De qué vai? —me pregunta.

Reflexiono uns instantes antes de responder.
—Pois mira, aínda que a cuberta non o di, é un libro que fala de «chulismo». Trata sobre a violencia psicolóxica entre dúas rapazas da mesma idade. De feito, son dúas amigas íntimas, pero unha domina á outra e lle fai dano de verdade.
Marcos mírame con intensidade.

—As veces os amigos te putean —di.
—Ti crees que un amigo ou amiga poden querer facerte dano?
Marcos encollese de ombros.

—Quizás non queiran, pero te fan dano.
—O que pasa é que non son amigos de verdade. Quizá ti crees que son amigos teus e dependes un pouco de iso, pero pode que eles non sintan o mesmo por ti.

– seguir lendo –

As letras do reggaeton

Discusión sen comentarios ata o de agora

Pola noite, mentres ceamos, lanzo á palestra o asunto das letras do reggaeton.

—Credes que teñen algún efecto sobre o que pensa a xente nova ou non? —pregunto.

Lidia está convencida de que si.

—Claro que non podemos imputar a violencia de xénero a ese tipo de letras asquerosas, do mesmo modo que non podemos dicir que a violencia que aparece nas películas ou videoxogos sexa a causa dun aumento da violencia —di—. Pero seguro que vai penetrando nas mentes e vai configurando unha forma de entender as relacións.

—Eu creo —engade papá— que é un pez que se morde a cola:
as letras ou os videoxogos reflicten unha determinada concepción social e a reforzan.

O miro pensando que ten toda a razón: a letra da canción dinos o que está pasando e, á vez, contribúe a que a situación non cambie.

– seguir lendo –

Ana Orantes e Jokin

Discusión sen comentarios ata o de agora

Cando mamá se entera de que tamén vou a incorporar a violencia escolar e a familiar ao diario, aplaude a miña decisión.

— ¿Non vos parece que o do acoso escolar púxose de moda, así, de repente? —-observa Marcos—. Todo o mundo fala sobre iso.

Mamá e a avoa, as dúas á vez, din que non.

—Non é que se puxera de moda.

—Nin tampouco é algo novo.

—Solo que, de repente, se fixo visible. Como pasou coa violencia de xénero.

¿Sabedes cómo empezou esa visibilidade?

Marcos e eu dicimos que non.

—Foi no 1997 cando Ana Orantes, unha muller andaluza, denunciou nun programa de televisión os maltratos que durante vinte anos lle inflixira o seu ex marido, pero sobre todo cando, poucos días despois, foi queimada viva por el —di a avoa.

– seguir lendo –