1. Amarás a túa vida e a dos teus fillos ou/e fillas por encima de todas as cousas.

2. Denunciarás a próxima agresión física ou psíquica que sufras.

3. Non consentirás que el controle a túa vida.

4. Non deixarás que te insulte nin que te faga crer que es inferior a el.

5. Non crerás nin unha vez máis as súas desculpas e promesas de cambio.

6. Convéncete de que si te pega e te humilla, non te quere.

7. Non te sentirás responsable. Si te maltrata, o único culpable é el.

8. Escoitarás os consellos de familiares e amigos que queiran axudar.

9. Buscarás a axuda profesional de psicólogos/as e asistentes sociais.

10. Crerás en ti mesma e no teu valor para refacer a túa vida.