
A industria naval representou case en exclusiva o sector secundario na segunda metade do século XX. Hoxe tén un peso moito menor e comezou unha certa diversificación co complexo Tojeiro en punta Promontoiro.
Mugardos converteuse nos últimos anos nunha vila onde o comercio e a hostalaría están a adquirir un dinamismo e unha importancia crecente na economía local.
O comercio é diverso e destaca o Mercado Municipal onde poderemos atopar tanto produtos do mar como da terra.
En canto á hostalaría está intimamente ligada ao turismo e a gastronomía desta vila.
Dentro do sector primario o marisquero é a actividade de maior importancia. A súa produción xestiónaa a Confraría de Pescadores de Mugardos.
A pesca de baixura segue tendo un peso na actividade mariñeira.